A Piscina Municipal de Lieiro acolle unha actividade o sábado 5 de abril

AMariñaXa
A actividade está dirixida a quen queira iniciarse no mergullo dunha maneira segura e divertida
Cervo-piscina-olimpica-Lieiro1
26 Mar 2025

O Concello de Cervo, en colaboración coa escola Costa Lugo Buceo y Vivero, organiza un Bautismo de Buceo o vindeiro sábado 5 de abril na Piscina Municipal de Lieiro-Cervo. A iniciativa busca achegar este deporte a todos aqueles que desexen vivir unha experiencia única baixo a auga.

A actividade ten un custo de 25 euros, incluíndo todo o material necesario e a supervisión de monitores especializados. As inscricións estarán abertas do 1 de marzo ao 1 de abril, e pódese obter máis información a través do teléfono e WhatsApp 609 423 210.

Desde o Concello de Cervo animan á cidadanía a participar nesta actividade e desfrutar dunha xornada diferente, segura e divertida.

⚙ Configurar cookies
0.06725001335144