A piscina municipal de A Pontenova volve abrir as súas portas o 26 de xuño

AMariñaXa
O recinto poderá visitarse todos os días da semana en horario de tarde
A-Pontenova-piscinas
22 Jun 2025

O Concello da Pontenova anunciou a reapertura da piscina municipal para o vindeiro 26 de xuño de 2025. A inauguración da nova tempada estival terá lugar ás 13:00 horas, coincidindo co inicio do horario habitual de apertura.

A instalación estará dispoñible para o público todos os días da semana, de luns a domingo, cun horario ininterrompido de 13:00 a 21:00 horas. Deste xeito, a veciñanza e visitantes poderán desfrutar da piscina durante as tardes de verán, con amplo marxe para a práctica da natación ou simplemente para refrescarse nos días de calor.

O goberno local anima á cidadanía a facer uso destas instalacións municipais, pensadas para o lecer e o benestar da poboación durante os meses máis calorosos do ano. A reapertura da piscina forma parte da programación estival impulsada polo Concello da Pontenova.

curso natacion pontenova 2023
⚙ Configurar cookies
0.1700279712677