A piscina de Viveiro terá actividades durante xullo

AMariñaXa
Viveiro terá actividades na piscina municipal para xullo, así, contará con iniciación á natación e actividades de sala mix trainning.
piscina municipal viveiro celeiro
1 Jul 2021

O Concello de Viveiro terá actividades na piscina municipal para este mes de xullo, así, contará con iniciación á natación para nenos nacidos entre 2012 e 2016, establecendo dous grupos con seis prazas en cada un deles, e actividades de sala mix trainning.

A natación para nenos será en dous grupos, un os luns e mércores e o outro os martes e xoves. Nos dous casos, o horario da actividade será de 10:00 a 11:00.

O prazo para inscribirse nesta actividade remata o luns ou o martes da vindeira semana, en función do grupo.

Actividade de sala mix training. Trátase dunha actividade nova que, durante este mes de xullo, será gratuíta para os socios, impartíndose de luns a venres, de 20:00 a 21:00 horas. É unha actividade multidisciplinar na que, cada día, se realizará unha actividade diferente. As prazas están limitadas a seis persoas por día.

As persoas interesadas poden obter máis información de calquera destas actividades ou realizar a reserva dirixíndose á recepción da piscina municipal ou chamando ao teléfono 982 570 610.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18259000778198