A piscina de Foz pechará en outubro para acometer obras de mellora na cuberta

Foz
AMariñaXa
Os traballos, cun investimento de 80.000 euros da Deputación, estarán rematados a comezos de decembro e non afectarán ao uso do ximnasio
FOZ-PISCINA-MUNICIPAL
26 Sep 2025

O Concello de Foz anunciou que a piscina municipal permanecerá pechada durante o mes de outubro debido ás obras de reparación da cuberta, mentres que o ximnasio continuará aberto con normalidade. A actuación conta cun orzamento de 80.000 euros, achegados pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e ten como prazo previsto de finalización a primeira semana de decembro.

Ademais da intervención principal na cuberta, os traballos incluirán a substitución de dúas baixantes destinadas ao desaugue da auga pluvial, así como o selado das suxeicións das pranchas, co obxectivo de garantir un illamento axeitado e evitar filtracións.

Paralelamente, o Concello informou de que xa se está a redactar o prego de condicións para a nova licitación do contrato de concesión da instalación, que caduca a finais de 2026.

⚙ Configurar cookies
0.084532022476196