A piscina de Cervo acollerá un curso de apnea específico para surf e pesca submariña

A piscina olímpica do Concello de Cervo acollerá un curso de apnea para este mes de xullo que será específico para surf e pesca submariña.
O obxectivo principal deste curso é exercitar e mellorar as habilidades e capacidades corporais para preparar aos asistentes a surfear grandes ondas ou a mellorar a confianza co medio acuático. Os coñecementos de apnea daran confianza nun mesmo no caso de que as cousas non vaian como se esperaba.