A piscina cervense acollerá unha xornada de bautismo de buceo

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo, en colaboración co Centro de actividades Subacuáticas Costa Lugo, organizan unha xornada de bautismo de buceo na piscina olímpica de San Cibrao para o día 30 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 horas.
8°xornada da liga norleste. O X aberto do Lacón de Meira
10 Mar 2019

O Concello de Cervo, en colaboración co Centro de actividades Subacuáticas Costa Lugo, organizan unha xornada de bautismo de buceo na piscina olímpica de San Cibrao para o día 30 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

A inscrición está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos que non teñan ningunha contraindicación médica. A piscina de Lieiro ofrece unhas características e unhas prestacións para levar a cabo esta actividade, e permite aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático.
Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609 423 210.

0.19272494316101