A pescada de Burela está presente nos vagóns do Metro de Madrid

AMariñaXa
O último mes a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo fixo que chegase ata os vagóns do Metro de Madrid para promocionar a Pescada.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
23 Nov 2020

Durante o último mes a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo fixo que o Mar de Burela chegase ata os vagóns do Metro de Madrid para promocionar a nosa Pescada de Burela.

“Se pensas en pescada, pensa en Burela” é o lema da campaña que desde a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, coa colaboración de ABSA, levan a cabo durante o último mes para promocionar en Madrid o seu produto estrela: a Pescada do Petisco de Burela, que protagonizou unha impactante acción publicitaria dentro das instalacións do Metro.

A campaña trasladou a imaxe xigante do porto de Burela e o mar do Gran Sol ás paredes dos corredores do metro de Madrid para lembrar que, se se pensa en sabor, en algo diferente, pensaase en 'Pescada de Burela', un produto pesqueiro de primeira calidade, resultado dunha arte de pesca tradicional e sostible, como é o petisco.

O produto presentábase de forma espectacular en corredores e vagóns deste transporte público, co obxectivo de crear unha identidade propia para 'Pescada de Burela' e posicionar a marca dentro do mercado nacional, distinguíndoa pola súa extraordinaria calidade, para conquistar os padais e as mesas de toda España.
Ademais de personalizar seis vagóns do metro, os corredores da parada Diego de León, na liña 6 do roteiro circular do centro, unha das de maior tránsito, vestíronse integramente coa imaxe de 'Pescada de Burela'.

Na arte final coidáronse e potenciaron aspectos que diferencian o produto ata facelo excepcional: a súa calidade e sabor, facendo fincapé nun estilo de vida que aposta pola alimentación sa, fresca, natural e diferente.

Precisamente sobre este estilo de vida virou outra das accións promocionais que se están levando a cabo a nivel nacional, e que utiliza os medios da internet e redes sociais para chegar a un público novo non consumidor habitual de peixe.

04082020 Conde casa 2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2036828994751