A pesca a mosca toma protagonismo en Alfoz e O Valadouro

AMariñaXa
O prestixioso instrutor Manuel Iglesias impartirá unha xornada gratuíta para afeccionados de todas as idades
pescador-pesca-rios
2 Mar 2025

Os días 7 e 8 de marzo, os amantes da pesca a mosca terán unha oportunidade única de perfeccionar a súa técnica da man de Manuel Iglesias, instrutor da European Fly Fishing Association. A actividade, organizada polo Club de Pesca Amigos do Ouro en colaboración cos concellos de Alfoz e O Valadouro, será gratuíta e aberta a participantes de todas as idades.

Durante a xornada, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, Iglesias ensinará os fundamentos do lance a mosca e corrixirá erros técnicos, aproveitando a súa ampla experiencia formando a pescadores, entre eles varios campións mundiais.

O sábado ao mediodía, os asistentes que o desexen poderán xuntarse para un xantar no restaurante O Frenazo, que correrá por conta de cada participante. Para inscribirse, é necesario contactar con Pablo (667 893 373) ou Javier (652 838 013).

0.16720604896545