O peixe de Burela axuda ás candidaturas de mellor Cociñeiro Galego 2022

RibeiraSacraXa | AMariñaXa
A peixe de Burela axuda ás candidaturas de mellor Cociñeiro Galego 2022 as dous chefs Toño Lorenzo e Martín Mantilla
merluza pincho Tono y martin
5 sep 2022

Desde a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela apóianse  as candidaturas dos chefs Toño Lorenzo e Martín Mantilla a ser galardoados  como mellor “Cociñeiro Galego 2022”.

Estes dous chefs pertencen á Asociación Cociñeiros Lugo e son habituais  colaboradores da OPP-7 elaborando receitas con produtos frescos da lonxa  de Burela, dentro das diferentes accións incluídas no seu plan de produción e  comercialización, que se realiza en colaboración con Armadores de Burela e  está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

O premio “Cociñeiro Galego 2022 Galicia Fórum Gastronómico” recoñece  o labor dos cociñeiros emerxentes que utilizan produto de proximidade, teñen  sensibilidade con producións ecolóxicas; colaboran conxuntamente con  produtores locais e fan difusión deste tipo de valores.

Dous dos cinco chefs nomeados este ano a mellor chef galego pertencen a  esta asociación: Martín Mantilla do Restaurante Berso (Sober) e Toño  Lorenzo do Restaurante A Faragulla (Chantada).

A última receita que Martín Mantilla cociñou para a colección “A Cociña do  Mar” do porto de Burela foi unha Pescada do pincho de Burela con castañas  e cogomelos, destacando as propiedades do produto estrela da lonxa de  Burela.

Pola súa banda, Toño Lorenzo preparou un Sargo á brasa con refrito de  moluscos, destacando neste caso a gran variedade de produtos pesqueiros  que se descargan cada día no porto de Burela, con 116 diferentes especies  comercializadas en lonxa.

O período de votación está aberto na web do Galicia Fórum Gastronómico ata  o 18 de setembro e entre as persoas que emitan o seu voto sortearase unha  comida para dúas persoas en cada un dos restaurantes nomeados. O  gañador ou gañadora do concurso elixirase sumando estas votacións do  público na web e o voto do xurado profesional.

0.051913022994995