A pedagoga Estela Moreno estará en San Cosme co seu conto Pepuka e o monstro
AMariñaXa
Este sábado a pedagoga Estela Moreno representará no centro social de San Cosme o seu conto Pepuka e o monstro que levou o seu sorriso.
19 Nov 2021
Este sábado 20 de novembro ás 18:00 horas a pedagoga Estela Moreno representará no centro social de San Cosme o seu conto Pepuka e o monstro que levou o seu sorriso.
Unha actuación que nos fai especial ilusión xa que dá continuidade ao obradoiro de títeres interxeracionais e posterior representación do conto que fixeran no 2019 as nosas nenas, nenos e persoas maiores.
Está actuación está aberta a todos os públicos.