A partir do día 19 xa se poden consultar os libriños antigos das festas de Burela na web municipal

AMariñaXa
O Concello de Burela procedeu á dixitalización dos libriños antigos das festas, que poderán ser consultados na web municipal
100423 Foto xuntanza libros antigos burela
15 Xuño 2023

O Concello de Burela procedeu á dixitalización dos libriños antigos das festas, que poderán ser consultados na web municipal a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Cultura, José Díaz.

O edil burelés contou que “a partir do próximo luns estará dispoñible na web do Concello www.burela.org un acceso aos libriños antigos das festas patronais dixitalizados. Isto prodúcese despois da exposición que fixemos aquí entre os días 1 e 12 de xuño. Decidimos dixitalizar eses libros e colgalos na web do Concello para que calquera os poida follear”.

Díaz explicou que “están desde 1947 ata 1984, son 11 en total. Non son todos os que poderían ser, pero se que animo a calquera veciño que teña libros de datas distintas aos que xa temos a que os poidan achegar aquí ao Concello e que se proceda a dixitalizalos e a engadilos a ese arquivo. Oxalá se poidan conseguir todos, porque ao final isto creo que foi unha moi boa iniciativa, que ademais é moi probable que outros Concellos tamén o fagan, cousa que me parece xenial, porque non deixa de ser unha fonte histórica diferente para ter coñecemento e información sobre os concellos”.

O concelleiro de Cultura engadiu: “quero animar a todo o mundo a que comparta con todo o pobo eses pequenos tesouros que teñen en casa gardados”.

100423 Foto xuntanza libros antigos
0.22768998146057