A segunda semana de decembro dará comezo unha nova edición do programa de terapia ocupacional en Trabada

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo acollerá o 1º Concurso PuzzlEO RibadEO para colocar ao pobo no mapa puzzlero desta afición.
TERAPIA ocupacional  TRABADA
3 Dec 2023

O Concello de Trabada anuncia que a partir da segunda semana de decembro dará comezo unha nova edición do programa municipal de terapia ocupacional.

“No pasado curso 2022-2023, un total de 65 persoas participaron nesta actividade, as sesións producen melloras a nivel funcional e na calidade de vida das persoas maiores participantes”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

A actividade comezará a partir do día 12 de decembro, martes. Haberá seis grupos cunha sesión semanal cada un nunha parroquia diferente.

As clases serán de martes a xoves en horario de tarde, algunhas ás 16.00 horas e outras ás 18.00 horas.

CALENDARIO.

O primeiro grupo desenvolverase os martes ás 16:00 no centro cívico de Vidal. O segundo, os martes ás 18.00 no teleclube de Sante. O terceiro, os mércores ás 16.00 no centro cívico de Valboa. O cuarto, o mércores ás 18.00 na casa da cultura de Trabada. O quinto, os xoves ás 16.00 no centro cívico de Vilapena, e o sexto, os xoves ás 18.00 na escola de Abres.

0.42115783691406