A parroquia San Román de Cervo celebra o Pilar e o Carme esta fin de semana

AMariñaXa
O programa arrinca o venres 11, co SanroDance 2024 a partir das 23:00 horas, no pavillón da parroquia
festas-san-roman-cervo
9 Out 2024

A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 11 ao 13 de outubro. Os diferentes actos previstos foron presentados pola rexedora, Dolores García Caraméns, polo concelleiro, Alfredo Fernández, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca o venres 11, co SanroDance 2024 a partir das 23:00 horas, no pavillón da parroquia, e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DiscoMóbil Alejandro Martínez, e os DJ invitados, Marcos Peón e DJ Balbin. O sábado 12 haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, e a continuación a orquestra Costa Dorada será a encargado da sesión vermú, que tamén protagonizará a verbena co Grupo Da Silva.

O domingo 13, volverá haber misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo e sesión vermú prolongada co Dúo Belinda. O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas
xornadas festivas na parroquia de San Román.

0.15096688270569