A parroquia ribadense de Ove contará con sete novos puntos de luz na zona da Palmeira

AMariñaXa
Remataron as obras de mellora do alumeado da rúa Picarolas de Ribadeo, que supuxeron un investimento de 22.500 euros.
21 Dec 2023

O Concello mellora o alumeado público na parroquia de Ove instalando sete novos puntos de luz na zona da Palmeira. O alcalde, Dani Vega, subliña que deste xeito se atende unha vella reivindicación veciñal.

O rexedor contou que “desde o Concello seguimos a mellorar as nosas parroquias e neste caso falamos de Ove. Levaba moito tempo reivindicando un alumeado público para a zona da Palmeira e nosoutros escoitamos a súa demanda e decidimos investir e xestionar os orzamentos necesarios. E eses novos sete puntos que van iluminar a zona da Palmeira van mellorar todo esa contorna”.

Vega indicou que “nosoutros o que imos é seguir esta liña de traballo en consenso cos veciños, escoitando as súas demandas e mellorando as parroquias. Desde un punto de vista lumínico hai que seguir mellorando. Imos seguir investindo noutras parroquias que tamén nos están a dicir que teriamos que mellorar eses puntos negros, que non é bo que sigan así. E tamén desde o punto de vista das infraestruturas. Por iso seguiremos traballando conxuntamente e estes novos puntos de luz melloran significativamente a parroquia de Ove”.

0.19323301315308