A parroquia ribadense de Couxela celebrará as súas festas o 21
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
17 sep 2019
A parroquia ribadense de Couxela festexará a Nosa Señora dos Dores o vindeiro 21 de setembro cunha misa solemne ás 13 horas amenizada polo acordeonista Alejandro Martínez Ares, á que seguirá a procesión, que tamén será secundada polo cuarteto Illa Pancha.
A sesión vermú contará coa actuación da orquestra Trébol e a partir das 22.45, tanto esta formación como antes Jaime Paredes, ofrecerán na verbena o fin de festa que contou coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta.