A parroquia pontenovesa de Aldeguer vivirá as súas festas o 31 de agosto
A parroquia pontenovesa de Aldeguer vivirá as súas festas principais adicadas a San Ramón Nonato o vindeiro 31 de agosto cunha misa solemne ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú co trío Xtra, que tamén actuará durante a verbena, ao igual que o fará o dúo D'Festa.
Os espectáculos Miño organizan estas festas populares coas que remata o período festivo do mes de agosto na Pontenova, que se comezará a preparar para As San Lucas do outono.
En Aldeguer hai unhas trinta casas habitadas, aproximadamente, pero algunha delas foi rehabilitada para acoller apartamentos turísticos e de feito, cada verán, A Pontenova recibe a multitude de visitantes, e non só os que eran do pobo e volver cada verán, senón foráneos interesados en visitas estas paraxes entre a montaña e a praia.