A parroquia laurentina de Santo Tomé estará de festa esta fin de semana
AMariñaXa
A parroquia laurentina de Santo Tomé acollerá o vindeiro 23, 24 e 25 de setembro as festas na honra de San Antonio e Santo Tomás.
27 sep 2022
A parroquia laurentina de Santo Tomé, en Lourenzá, acollerá o vindeiro 23, 24 e 25 de setembro as festas na honra de San Antonio e Santo Tomás.
A festa comezará o venres 23 ás 21.00 horas cunha gran polbada e churrascada servida por Suso de Lugo a cal estará amenizada por Los Players e o grupo de música tradicional A Roda e un DJ.
Na xornada do sábado haberá oficio relixioso ás 13.30 horas seguido de sesión vermú co grupo La Bamba, e a partir das 22.30 horas será a verbena co mesmo grupo e un DJ.
O último día de festa, volverá a misa e a sesión vermú co grupo Illa Pancha e a orquestra D'Noche, que será o encargado de poñer a música pola noite. Dende a organización informan que haberá campo cuberto cunha gran carpa.