A parroquia focega de Fazouro prepara a Romaría San Campio

Foz
AMariñaXa
A parroquia focega de Fazouro prepara para o domingo 18 de setembro a súa tradicinal Romaría San Campio, unha festa campestre
romaria san campio Foz 2022 1
16 Sep 2022

A parroquia focega de Fazouro prepara para o domingo 18 de setembro a súa tradicional Romaría San Campio, unha festa campestre que enche a contorna da igrexa de merendas.

A xornada comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne e a procesión coa colaboración da Asociación Folclórico Cultural A Subela. Máis tarde será a mereda na carpa instalada no campo que contará cun polbeiro.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, haberá un baile na carpa amenizado polo Dúo Vivarium.

romaria san campio Foz 2022
⚙ Configurar cookies
0.17969989776611