A parroquia focega de Fazouro celebrará as súas festas na honra de Santiago Apóstolo
A parroquia de Fazouro no Concello de Foz, acolle o domingo 24 e o luns 25, as súas festas na honra de Santiago Apóstolo e que serán no campo da festa.
O domingo 24 haberá misa solemne ás 13.00 horas na capela de San Salvador seguida de procesión e sesión vermú co Dúo EPO-K que será o encargado de amenizar a verbena da noite xunto con Nostalgias de Vigo. A partir das 20.00 horas será o reparto das racións de troitas, torreznos, cachelos e pan, que terán un prezo de 5 euros por ración.
O luns 25, propio día do Santiago Apóstolo, volverá o oficio relixioso na igrexa parroquial e a procesión, e acto seguido será a sesión vermú co grupo Fénix que tamén estará na verbena da noite.
A organización desta festa, aasociación de veciños Xunta Parroquial de Fazouro, informa de que disporán de carpa e aparcadoiros.