A parroquia do Sixto, en Ourol, está de festa
AMariñaXa
A partir das 15.00 horas veciños e asistentes poderán gozar dun xantar popular
11 sep 2024
O Sixto, en Ourol, celebra a Festa a honra á Virxe dos Remedios. A romaría será o vindeiro sábado, día 14 de setembro. Haberá misa solemne dende as 13.00 horas e procesión, seguida de sesión vermú co dúo Caramelo. Ademais a gastronomía tamén será protagonista na xornada.
A partir das 15.00 horas veciños e asistentes poderán gozar dun xantar popular por un prezo de 28 euros a base de callos, churrasco de porco, chourizo, patacas, sobremesa e café. Á noite seguirá a celebración cunha gran verbena da man do dúo Caramelo e D´Caché.