A parroquia de Xudán, da Pontenova, celebrará a súas festas entre o 21 e o 23 de xullo
A parroquia de Xudán, da Pontenova, celebrará a súa festa en honra a Santa María Magdalena entre o 21 e o 23 de xullo.
Na primeira xornada das festas, o venres 21 de xullo, celebrarase unha gran churrasca a cargo de Sarracedo da Pontenova e ademais haberá un menú para ceas a base de empanadillas, churrasco, criollos, tarta de Santiago, viño, gaseosa, auga e café. Ademais estará amenizada por La hora bruja.
Para asistir á cea será necesario retirar as tarxetas no Hotel San Briz, na librería eugenia ou na Taberna Alberto, ou a algún membro da comisión. Estas tarxetas teñen un prezo de 18 euros adultos e 12 os cativos.
Xa o sábado 22, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne e a procesión seguida da sesión vermú amenizada polo grupo Alba.
O domingo 23, a última xornada festiva comezará ás 14.00 horas coa celebración da misa solemne, seguida da sesión vermú a cargo da Foliada de Bosende.