A parroquia de Vilaronte de Foz celebra o XLVI Festival do Emigrante

AMariñaXa
A parroquia de Vilaronte de Foz celebra o XLVI Festival do Emigrante o día 21 de agosto. Está organizado pola asociación
festival emigrante vilaronte 2021 1
18 Ago 2021

A parroquia de Vilaronte de Foz celebra o XLVI Festival do Emigrante o día 21 de agosto. Este evento está organizado pola asociación cultural O Castro de Vilaronte.

A festa dará comezo ás 9.00 horas coa ruta de Cornería con saída dende a asociación, despois será a misa na honra dos emigrantes falecidos e a ofrenda floral na igrexa parroquial.

Xa ao mediodía haberá un vermú amenizado polo grupo de Acordenonistas da Mariña no Castro, e pola tarde poderase desfrutar dos xogos populares como tiro á corda, sacos ou bolos entre outros.

Por último, ás 20.30 horas o grupo de teatro Axóuxeres presenta Cousas de Mulleres, para o que haberá que reservar entrada no teléfono 627 474 675.

festival emigrante vilaronte 2021
0.078802108764648