A parroquia de Sargadelos, en Cervo, celebrará as festas na honra a Santiago Apóstolo
A parroquia de Sargadelos, en Cervo, celebrará as festas na honra a Santiago Apóstol os próximos días 24 e o 25 de xullo.
A festa arrincará o mércores cunha espetada moura ás 20.00 horas, amenizada polo grupo Cordenaia seguida dunha gran verbena co Dúo D'Caché e a Disco Móbil Conxuro.
O día grande, o xoves, ás 13.00 horas, terá lugar a misa solemne seguida de procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal e a continuación será o vermú e o "tardeo" da man do cuarteto de gaitas de Bágoas da Terra de Disco Móbil Conxuro.
Serviranse racións de churrasco e chourizo no mediodía do 25 de xullo. A festa está organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula.
"Animádevos a desfrutar dos festexos nunha contorna excepcional como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos", din desde a organización.