A parroquia de Sargadelos celebra as festas na honra a Santiago Apóstolo o 24 e o 25 de xullo
AMariñaXa
A parroquia de Sargadelos celebrá as festas na honra a Santiago Apóstolo o 24 e o 25 de xullo.. Haberá sesión vermú
20 Xul 2023
A parroquia de Sargadelos celebrá as festas na honra a Santiago Apóstolo o 24 e o 25 de xullo.
A festa arrincará o luns cunha espetada moura ás 20:00 horas, seguida dunha gran verbena amenizada pola orquestra Trébol e a Disco Móbil Conxuro. O día grande, o martes, ás 13.00 horas, terá lugar a misa solemne seguida de procesión;
A continuación será o vermú e o "tardeo" da man de Disco Móbil Conxuro, tamén se servirán racións de churrasco e chourizo no mediodía do 25 de xullo.
A festa está organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula