A parroquia de Santo Tomé celebra unha cea baile solidaria para apoiar as festas

AMariñaXa
O evento terá lugar o 12 de abril no pavillón e contará con música en directo e un menú tradicional
festas-patronais
7 Apr 2025

A Comisión de Festas de Santo Tomé, parroquia pertencente ao concello de Lourenzá, ten todo preparado para a organización dunha cea baile o vindeiro sábado 12 de abril. A cita será no pavillón da localidade a partir das 22:00 horas, e ten como obxectivo recadar fondos para financiar as celebracións patronais.

A organización define esta iniciativa como “un evento para xuntar cartos para a festa”, e anima á veciñanza a participar nunha noite de gastronomía e música.

O menú inclúe pratos tradicionais como callos e costela asada, ademais de sobremesa, bebida e café. A parte musical da xornada correrá a cargo do dúo Tropical, que será o encargado de amenizar a velada e animar o baile.

As entradas para asistir á cea están dispoñibles en varios establecementos locais: Casa Gayoso, Cafetería Baos, Morrigan, Torreón e O Xiraldo. Tamén se poden adquirir directamente a través dos membros da comisión de festas.

⚙ Configurar cookies
0.16632103919983