A parroquia de Santiago de Reinante, de Barreiros, celebra o día 11 de febreiro a Festa do Cocido

AMariñaXa
A parroquia de Santiago de Reinante, do Concello de Barreiros, celebra o vindeiro sábado 11 de febreiro a súa Festa do Cocido
Feira do cocido
5 Feb 2023

A parroquia de Santiago de Reinante, do Concello de Barreiros, celebra o vindeiro sábado 11 de febreiro a súa Festa do Cocido a partir das 14.00 horas. Está organizado pola Asociación Benéfico Cultural Hijos de San Miguel y Reinante.

Será nos locais das antigas escolas de Santiago de Reinante e o menú consta de aperitivos de benvida, cocido galego, sobremesa, café e chupito. A continuación haberá baile.

O prezo por persoa é de 20 euros e para asistir hai que anotarse a través do teléfono 679 055 148 ou comunicándollo a calquera membro da xunta directiva da asociación organizadora ata o 8 de febreiro.

Festa cocido reinante 2023
0.17214584350586