A parroquia de San Pedro de Fiz, na Pontenova, organiza a súa tradicional romaría
AMariñaXa
A parroquia de San Pedro de Fiz, no Concello da Pontenova, organiza a súa tradicional romaría o primeiro domingo do mes de agosto
2 Ago 2022
A parroquia de San Pedro de Fiz, no Concello da Pontenova, organiza a súa tradicional romaría o primeiro domingo do mes de agosto, é dicir, o día 7 de agosto.
Esta romaría é a máis popular neste municipio da provincia de Lugo e contará cun xantar no campo de festa e as diferentes misas ao longo da mañá dende as 9.00 horas ata as 13.00 horas seguidas de procesión con gaitas ao redor do santuario.
Despois haberá unha sesión vermú co dúo Vivarium que tamén amenizará a verbena da noite xunto a orquestra Blanco y Negro.