A parroquia de San Martiño prepárase para celebrar o Obispo Santo con música, tradición e gastronomía

Foz
AMariñaXa
A festividade, que terá lugar en Forxán e Mourente (Foz), contará con misas, procesións, verbenas e unha gran acampada
obispo-santo-foz-2025
26 Mar 2025

A parroquia de San Martiño, en Foz, xa está lista para acoller unha nova edición da tradicional festa do Obispo Santo 2025, que se celebrará nos lugares de Forxán e Mourente. A festividade contará cun amplo programa de actos relixiosos, música en directo e actividades para todos os públicos.

O evento comezará o domingo 4 de maio, cunha misa e o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a Basílica de San Martiño ata o Monte da Grela. A festa alcanzará o seu punto álxido os días 9, 10 e 11 de maio, con numerosas actuacións musicais. O venres 9, a verbena contará coa animación dos grupos Mar de Arousa e Combo Dominicano.

O sábado 10 de maio arrancará coa tradicional misa e procesión ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Principal. Pola tarde, haberá actuacións do grupo de gaitas Dambara, dentro do programa Tradigalu 2025, e do ilusionista Mago Paco, quen ofrecerá un espectáculo para os máis pequenos. Ademais, a partir das 18:00 horas, terá lugar unha sorpresa musical con dous DJs de luxo. A noite pecharase cunha gran verbena a cargo de Principal e Grupo Beatriz.

O domingo 11 de maio, a sesión vermú estará protagonizada polo Dúo Belinda e a Charanga Louband Street Band, dentro do programa Xuntos polo Serán 2025. A celebración culminará o domingo 18 de maio, co traslado da imaxe de San Gonzalo de volta á Basílica de San Martiño. A xornada incluirá unha misa ás 18:00 horas e unha gran comida popular con polbo, xamón cocido e churrasco, servidos pola Pulpería A Rochela de Vilalba.

Como broche final, a organización dispón dunha gran zona de acampada, cun custo simbólico de 10 euros por enganche de luz, para que os asistentes poidan gozar da festa sen présas.

⚙ Configurar cookies
0.034410953521729