A parroquia de Rúa, en Cervo, celebrará a Candelaria en marzo

AMariñaXa
A parroquia de Rúa, en Cervo, celebrará a súa festa relixiosa en honra á virxe da Candelaria do do 11 ao 13 de marzo
rua cervo festas candelaria 2020 marzo 1
25 Feb 2022

A parroquia de Rúa, en Cervo, celebrará a súa festa relixiosa en honra á virxe da Candelaria do 11 ao 13 de marzo trala suspensión en febreiro da festa. Veciños e visitantes poderán gozar dos actos programados para a ocasión e deleitarse con variadas actuacións musicais que amenizarán estas xornadas festivas.

Así, o venres 11 haberá unha gran verbena a cargo das formacións Fania Blanco Show e Los Satélites.

Durante a xornada do sábado 12 ás 13.00 horas terá lugar a misa cantada polo coro parroquial con posterior procesión. Finalizados os actos litúrxicos todos os presentes poderán gozar coa sesión vermú a cargo da orquestra Miramar, que tamén animará a verbena xunto con Finisterre.

Por último, o domingo 13 os veciños poderán participar ás 13.00 horas na misa cantada polo coro parroquial que dará paso á procesión. A sesión vermú desta última xornada de festa estará amenizada polo grupo Fénix, que tamén amenizará a verbena.

0.28010392189026