A parroquia de Órrea celebra este sábado as Festas da Cocha
									TerraChaXa | AMariñaXa								
			As celebracións darán comezo cunha misa ás 12.00 horas
 					
					
26 Dec 2024
			
				A localidade riotortense de Órrea celebra este sábado 28 as coñecidas Festas da Cocha, que poñen fin ao ano.
As celebracións darán comezo o 28 cunha misa ás 12.00 horas na honra a Santa Comba e San Silvestre para rematar cunha sesión vermú a cargo do dúo Venus. Ás 23.00 horas será a verbena, co mesmo grupo e, á media noite, terá lugar unha chocolatada.