A parroquia de Landrove, en Viveiro, celebrará a festa en honra a San Martín Castelo
AMariñaXa
Os veciños da parroquia de Landrove, no municipio de Viveiro, celebrarán os días 4 e 12 de xuño a festa en honra a San Martín Castelo.
29 May 2022
Os veciños da parroquia de Landrove, no municipio de Viveiro, celebrarán os días 4 e 12 de xuño a festa en honra a San Martín Castelo.
Sábado 4, ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne cantada seguida de procesión. A continuación o grupo Fussión animará a sesión vermú e chegada a noite tamén a verbena xunto ao grupo Ritmo Joven.
Domingo 12, ás 11.00 horas procederase á subida ao Monte Castelo con saída desde o atrio da igrexa. Ás 13.30 horas celebrarase na capela de Monte Castelo a misa solemne cantada polo coro parroquial. Acto seguido será a actuación musical de Tania e o seu acordeón.