A parroquia de Ferrería celebra as festas na honra de San Antonio este sábado

A parroquia de Ferrería, en Riotorto, celebra este sábado 25 de outubro as súas tradicionais festas na honra de San Antonio, cun completo programa de actividades que se prolongará durante toda a xornada.
Os actos comezarán ao mediodía, ás 13:30 horas, coa misa solemne, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú para compartir entre veciños e visitantes. Pola tarde, ás 15:30 horas, celebrarase a comida veciñal, para a que as entradas estarán dispoñibles ata o 21 de outubro na gasolineira de Riotorto.
Xa pola noite, a partir das 19:30 horas, a música tradicional tomará o protagonismo coa actuación do grupo A Rebolaxe, de Cervo. A continuación, a festa continuará cunha gran verea amenizada polo dúo Belinda e o DJ The Sound Project, que poñerán o broche final a unha xornada de convivencia, música e celebración.
A organización das festas conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través da súa área de Cultura e Vicepresidencia, e coa participación activa dos veciños e veciñas de Ferrería, que manteñen viva esta cita festiva e relixiosa ano tras ano.