A parroquia de Cubelas, en Ribadeo, acolle a I Comida de produtos da horta e gandería do rural
AMariñaXa
A parroquia de Cubelas, de Ribadeo, acolle o vindeiro sábado 17 de setembro a I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo.
11 sep 2022
A parroquia de Cubelas, no Concello de Ribadeo, acolle o vindeiro sábado 17 de setembro a I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo.
A xornada festiva comezará ás 13.00 horas coa misa solemne con procesión acompañada do Cuarteto de Mñusica Tradicional Xaramolo. Acto seguido será a sesión vermú co dúo Colimbo.
Ás 15.00 horas será a comida cun menú composto por fabada, tenreira asada con patacas e ensalada, sobremesa, bebida e café, e o xantar está amenizado de novo polo dúo Colimbo.
Tamén haberá inchables e actividades para os nenos e ás 21.30 horas será a festa remember anos 80 e 90 que contará con pop rock español e La Disquetera.