A parroquia de Couboeira de Mondoñedo conta cun depósito de augas de prevención de incendios
AMariñaXa
A parroquia de Couboeira no Concello de Mondoñedo conta cunha estrutura para o depósito de augas de prevención de incendios.
23 sep 2021
Segundo demandas veiñais na parroquia de Couboeira na pista cara O Pombeiro, no Concello de Mondoñedo, rematouse o refozardo na estrutura do depósito de augas de prevención de incendios.
O depósito de reserva ten unha capacidade de 100.000 litros cunhas dimesións de 8x8x1.70 metros e está conectado a unha traída de auga municipal e subministrará aos equipos de bombeiros o caudal necesario para extinguir lumes, se fora preciso.
Tamén se utilizará para o abastecemento de auga ao gando cando este líquido escasee, xa que ten habido cortes de subministro en tempo de sequía.