A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores esta fin de semana

AMariñaXa
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, fallou o XIII concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2023.
festa dolores cervo 2023
22 sep 2023

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana. A cita comezará o sábado 23 coa sesión vermú a cargo de Charanga Europa, que repetirá na verbena pola noite seguida da Disco Móbil Conxuro. Este mesmo día ás 18.00 horas haberá un Masterchef infantil a cargo da asociación Airiños do Xunco, que terá lugar na praza do Souto.

Xa o domingo 24 haberá misa solemne ás 13:00 horas e procesión acompañada polo grupo local Fol do Raxal, seguida da sesión vermú prolongada que protagonizará a Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

0.15176606178284