A parroquia de Cervo acolle o vindeiro sábado 19 a XLV Queimada Popular
A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 19 de agosto, a XLV Queimada Popular.
Os actos arrincarán ás 10.00 horas, coa apertura do Mercado Tradicional e ás 12.00 horas será o paseo de autoridades acompañadas do grupo Medio Quiñón, e máis tarde será o pregón.
Entre as 12.00 e as 14.00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.
Xa pola noite, ás 23.00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23.45 horas será a agardada Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo de Astarot, a Banda de Balbina e a Charanga Santa Compaña.
Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.
A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.