A parroquia de Castelo de Cervo celebra as súas festas en outubro

AMariñaXa
A cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión
festas-o-castelo-cervo
27 sep 2024

A parroquia de Castelo de Cervo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario o 5 e o 6 de outubro.
A cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Estelamar, que repetirá na verbena a partir das 22:00 horas, co Grupo Puzzle.

Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do Dúo Belinda. A Festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.

0.19628310203552