A parroquia da Xunqueira, en Viveiro, arranca os seus tres días de festa

AMariñaXa
Os veciños celebrarán as festas na honra á Nosa Señora no mes de setembro
festas-patronais
Foto recurso
6 sep 2024

A parroquia da Xunqueira, en Viveiro, dá comezo ás súas patronais un ano máis. Os veciños celebrarán as festas na honra á Nosa Señora deste este venres día 6. Comezan cunha misa solemne a partir das 19.30 horas da tarde, seguida dunha gran verbena amenizada pola disco móbil Conxuro.

A romaría seguirá o sábado cunha sesión vermú da man de Vivarium e de novo misa solemne ás 19.30 horas e gran verbena con Vivarium e Maracaibo. O domingo o programa comeza ás 11.45 con misa solemne e procesión coa banda naval e banda misericordia. Ademais teñen unha sesión vermú longa co dúo Cerbatana.

festas xunqueira
0.12644505500793