A parroquia cervense de Castelo celebrará as súas festas esta fin de semana

AMariñaXa
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, fallou o XIII concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2023.
castelo cervo festas rosario 2023
5 Out 2023

A parroquia de Castelo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario a fin de semana do 7 e 8 de outubro.

Os festexos comezarán o sábado 7 ás 13.00 horas coa Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do Grupo Fénix; que repetirá na verbena co Grupo Pasión, a partir das 22.00 horas.

Xa o domingo 8 haberá misa solemne de novo ás 13.00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal, seguida da sesión vermú amenizada polo Dúo Belinda.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.

0.30691480636597