A parroquia cervense da Candelaria celebra as súas patronais a fin de semana

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Xan 2019


A festa da Candelaria en Rúa, comezará o día 1 coa festa en honor á Virxe da Candelaria, ás 22.00 horas cunha gran verbena a cargo das formacións A Bamba e Essencia.
O sábado 2, ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne cantada polo coro parroquial con posterior procesión. Finalizados os actos litúrxicos todos os presentes poderán gozar coa sesión vermú a cargo da orquesta Panamá, que tamén animará a verbena das 22.00 horas xunto á discoteca móbil Havana. A velada contará ademais coa actuación estelar da cantante Pili Pampin.
O domingo 3, os veciños e visitantes poderán participar ás 13.30 horas na misa solemne cantada polo coro parroquial que dará paso á procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada pola o grupo Tribal.
O campo da festa estará cuberto cunha carpa para poder gozar da festa, aínda que as condicións meterolóxicas non acompañen.

0.18441987037659