A Panorama e unha homenaxe a Queen serán o prato forte do Viveiro Music Fest

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa da presentación, esta mañá, do Viveiro Music Fest. O festival terá lugar o 8 de abril
viveiro music fest 2021 1
17 Mar 2022

O Concello de Viveiro informa da presentación do Viveiro Music Fest, un festival que terá lugar o 8 de abril de 2022, a partir das 11.00 horas, no campo de fútbol de Celeiro, organizado pola Asociación de Festexos A Medorra coa colaboración do Concello de Viveiro.

No programa do Viveiro Music Fest inclúese a primeira actuación da Gira 2022 da Orquestra Panorama e a homenaxe a Queen e Freddie Mercury de Remember Queen, que é o tributo oficial nº 1 en Europa, así como a actuación da discoteca móbil Decibelios.

As entradas están á venda dende as 13:00 horas do día 17 de marzo. As entradas anticipadas poden adquirise a través de ticketea.com ou nos puntos de venda física que a organización comunicará proximamente. Tamén se poderán comprar o mesmo día da actuación na taquilla, que abrirá ás 16:00 horas.

O Concello de Viveiro colabora coa organización deste festival, que terá lugar o Venres de Dolores e para o cal se tivo en conta o seu horario, de modo que as actuacións non empecen ata que acabe a procesión.

0.093333959579468