A Órrea acolle unha reunión veciñal para abordar os problemas actuais do sector madeireiro

TerraChaXa | AMariñaXa
O encontro terá lugar o venres 27 de xuño de 2025 ás 21:00 horas no local social
troncos-madeira-arbore-bosque
25 Jun 2025

A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea convoca unha reunión aberta á veciñanza para tratar diversas cuestións que afectan ao sector forestal e madeireiro. O encontro terá lugar o venres 27 de xuño de 2025 ás 21:00 horas no local social da Órrea.

Entre os temas que se abordarán destacan as pragas que afectan ao piñeiro, a prohibición de plantar eucalipto, as faixas de protección obrigatorias, as taxas municipais, as restricións para a extracción de madeira no inverno, así como a situación actual dos convenios forestais.

A convocatoria está aberta a todas as persoas interesadas, tanto da parroquia como da comarca, así como ás distintas asociacións veciñais que queiran participar neste foro de análise e reflexión sobre o presente e o futuro do monte galego.

⚙ Configurar cookies
0.16954016685486