A Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay estará en Burela o sábado
AMariñaXa
O sábado, 21 de agosto, a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay presentará O Amor Bruxo de Falla ás 20.30 horas
20 Aug 2021
O sábado, 21 de agosto, a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay presentará O Amor Bruxo de Falla, baixo a dirección de Jaume Santonja e coa cantaora María Toledo. A actuación terá lugar no Auditorio de Burela e dará comezo ás 20:30 horas. A reserva de entradas pódese facer en www.festivalbalygay.com.