A oposición de Foz esixe ao Goberno a creación dun plan de axudas
O voceiro do PP en Foz ve "inconcebible que no pasado Pleno ordinario do mes de maio o Goberno local tumbou o plan de reactivación económica presentado por eles".
Con este plan os populares pretendían dotar con 500.000 euros unha partida para axudas a pemes e autónomos focenses afectados pola crise do covid-19.
Según Castiñeira "o bipartito focense sigue a liña negacionista do Goberno da Deputación de Lugo que tamén se opuxo a un plan provincial de reactivación fai unha semana e deixan ao tecido económico focense sen axudas e en desigualdade con afectados de outros Concellos que si decidiron axudarlles entre eles algún gobernado polos socialistas coma Viveiro ou Monforte".
PSOE e BNG tamén rexeitaron a creación dunha comisión de traballo na que estivesen representados os empresarios mostrando "a falta de talante e de dialogo deste Goberno e que está marcando o seu primeiro ano á fronte do Concello de Foz, tratando de illar á oposición á que negou reiteradamente a proposta de reunirse nos primeiros días do estado de alarma, algo que tanto PP coma FPF lle recriminaron no propio pleno e que o BNG incluso recoñeceu", di o voceiro.
"A pasividade e parsimonia deste Goberno, estase a converter nun lastre para a recuperación económica do Concello de Foz, que apenas comprou material de protección e so a petición do Partido Popular eliminou as taxas de servizos non realizados", remata dicindo Castiñeira.