A oficina móbil de retorno “Benvidos a Galicia” pasará por Mondoñedo o 16 de abril

AMariñaXa
O punto de atención estará instalado na praza do Concello en horario de mañá
Oficina-móbil-retorno
11 Apr 2026

A oficina móbil de retorno “Benvidos a Galicia” ofrecerá atención presencial na localidade co obxectivo de facilitar información e apoio ás persoas galegas retornadas e ás súas familias, contribuíndo á súa integración sociolaboral na comunidade.

Este punto de atención estará instalado na praza do Concello o vindeiro xoves, 16 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A atención prestarase, preferentemente, con cita previa, que pode solicitarse a través da páxina web habilitada pola Xunta de Galicia. Ademais, é posible obter máis información no teléfono 900 102 380, así como no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo ou no teléfono 982 524 003 (extensión 8).

Entre os servizos que se ofrecerán inclúense información sobre trámites administrativos previos e posteriores ao retorno, prestacións, subvencións e axudas, asistencia sanitaria, vivenda, formación e orientación laboral e de emprego.

0.11507606506348