A oficina de turismo ribadense acolle a presentación do foto libro Espazos de ultramar

AMariñaXa
O vindeiro sábado 10 ás 19.30 horas terá lugar na oficina de turismo de Ribadeo a presentación do foto libro Espazos de ultramar
ribadeo turismo exposicion
8 Xul 2021

O vindeiro sábado 10 ás 19.30 horas terá lugar na oficina de turismo de Ribadeo a presentación do foto libro Espazos de ultramar, que recolle a testemuña visual das visitas do seu autor, Iván Torres, a catro edificios indianos.

Como complemento estará aberta na Oficina de Turismo do 9 ao 25 de xullo a exposición De ida e volta, unha síntese das imaxes dese libro. 

O foto libro Espazos de ultramar recolle a testemuña visual das visitas do documentalista Iván Torres Hernández a catro edificios da época indiana do concello de Ribadeo: son a Torre dos Moreno, o Círculo Habanero de A Devesa, o centro de formación CFEA Pedro Murias e a Casa de Don Inocencio. Escolléronse estes catro edificios tan singulares para darlle precisamente importancia á presenza da arquitectura indiana non só na vila de Ribadeo senón tamén naquelas parroquias onde ten maior presenza.

Amosa a arquitectura resultante dun proceso de ida e volta pois os indianos ao retornar aos seus lugares de orixe importan cánones arquitectónicos que estaban presentes en cidades tan cosmopolitas como a Habana ou Buenos Aires, e que estas á súa vez copiaran de cidades como París, Londres ou Barcelona, transformando principalmente a paisaxe urbana, pero tamén a rural de Ribadeo”.

0.18514490127563