A Oficina de Turismo ribadense acolle a mostra Ría de Ribadeo, ata o 5 de xaneiro
AMariñaXa
Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición Ría de Ribadeo, organizada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras
17 Dec 2022
Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición Ría de Ribadeo, que foi organizada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras dentro da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.
A mostra está composta por trece planos e cartas náuticas da ría de Ribadeo, que van desde o ano 1662 ao 1932. Tamén se poden atopar aparellos de navegación cedidos polo mariñeiro xubilado Adolfo Conrado Álvarez Márquez, reproducións de instrumentos de cartografía antiga así como maquetas de barcos de época realizadas por Alfredo Sánchez.