A obra ‘Reino da Extinción’ chega ao local social de Bravos, Ourol

AMariñaXa
O domingo día 17 de abril o local social de Bravos acollerá a obra de teatro Reino da Extinción, unha representación teatral de Amorodio
unidade prevencion drogodependencias burela
4 Apr 2022

O domingo día 17 de abril o local social de Bravos acollerá a obra de teatro Reino da Extinción, unha representación teatral a cargo da compañía Amorodio e aínda sen horario confirmado.

Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a idea do espectador do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Amorodio Teatro é unha compañia galega emerxente formada por Alba Nogueira, Carmen  Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco.

Este acto está promoviso pola ACRD Aturxeiros de Bravos, co patrocinio de Secretaría de Política Lingüistica e a colaboración do Concello de Ourol.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17820310592651