A obra Por un puñado de grelos, estará mañá no Valadouro

AMariñaXa
A obra Por un puñado de grelos, estará o vindeiro sábado 12 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura do Valadouro.
por un punado de grelos 1
11 Jun 2021

O vindeiro sábado 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de actos da casa da cultura dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo o Grupo de Teatro Os Trocos de Castro de Rei, presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo.

A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Rio Torto por unha beira e Xustas Town pola outra. Coméntase en Xustas Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respetuoso ca natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.

por un punado de grelos

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22784519195557