A obra Por un puñado de grelos estará mañá en Riotorto
AMariñaXa
Este sábado 17 de xullo ás 22:00 horas no centro sociocultural Os Trocos presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo.
16 Jul 2021
Este sábado 17 de xullo ás 22:00 horas no salón de actos do centro sociocultural o Grupo de Teatro Os Trocos de Castro de Rei, presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo.
A acción transcorre na Terra Chá tendo como límite xeográfico o Río Torto por unha beira e Xustas Town pola outra. Coméntase en Xustas Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respetuoso ca natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.